Feito diferencial: O caso do Adelino (I)
Soutelo é unha pequena parroquia do concello de Esgos. Alí vivía Nicanor (q.e.p.d.) e segue a vivir a súa viúva, Loli, medio parente nosa e en todo caso boa amiga da familia. O pasado domingo de Entroido veu comer connosco a Ourense; e xa no café, cando gracias ó viño escomezan a contarse as troulas, contounos o caso de cando o Adelino se tirara ó pozo, que agora transcribo eu para todos vos.
Unha noite, xa despois de cearen, estando o Nicanor xa co pixama posto vendo o fútbol e a Loli fregando os platos, sonou o teléfono: “Ai, Loli -díxolle unha veciña- ¿e non escoitas berrar a un home?” “Pois non, non escoito ren...” “Mira, mira a ver”... E Loli abriu a fiestra e púxose a escoitar... “¡Aaaaiiiii...! ¡Aaaaaiiii...!” Os berros escoitábanse, si, pero coma de ben lonxe. “Si que escoito si, ¿e non parece mesmo a voz do Adelino?” “Si, iso mesmo pensei eu...”. O tal Adelino era un mangante que sempre andaba a beber. Loli colgou e foi chamar ó seu home. “Nicanor, mira que hai un home alí fora que berra. E pola voz parece o Adelino...” “¡Cago no carallo, que non lle deixades a un estar tranquilo! ¡Se berra que berre, xa calará...!” Pero Nicanor era un santo, e inda que se queixaba xa se estaba a vestir para saír.

Xa na rúa, ben abrigados, xuntáronse con outros veciños e foron ver que pasara co Adelino. “Berra por alí” “Non, non, que se escoita máis por alí, por onde a leira...” A súa sogra saliu chorando a fiestra da súa casa, berrando que trouxeran auga para o lume. Sabendo que o seu xenro non estaba moi ben do faiado, tiña a vella a idea de que lle ía queima-la casa, e pensou que chegara o día tan temido, malia que non se vían nin lapas nin fume. Atoparon ó cabo ó condenado do Adelino, chamando polo seu fillo Javier desde o fondo dun pozo vello que tiñan na horta, peneque perdido...
0 comentarios:
Publicar un comentario
<< Home