De intercambio en Madrid

Las aventuras de un SICUE gallego en la Villa y Corte

25.2.07

Feito diferencial: O caso do Adelino (e II)

... “¡Aquí está, está no pozo!” Todo Soutelo foi ver o asunto. O pozo, xa sen uso, case non tiña auga; e alí no fondo, enlamado ata o peito, estaba o Adelino pedindo a berros que o sacaran. “¡Non te tiraras, animal! ¡Agora sal como entraches!” Os veciños, que xa estaban algo fartos do home, rosmaban e rosmaban; pero ó cabo o Adelino tamén era de Dios, e foron buscar unha escada grande que tiñan para uso comunal. “A ver, que che vai a escada” “¡Dalle coela na cabeza, carallo, que afogue...!” “¡Non dou subido, non podo...!” Botáronlle unha corda para que se axudase... “¿E que fago coa corda?” “¡Átaa no pescozo e apreta, a ver se deixas de dar a lata...! ¿Ou pensas que imos baixar por ti?” Saliu por fin o Adelino do pozo, todo lixado, morado de frío e tremendo coma un vimbio. Levárono á súa casa... “¿E non tes alcohol, pra che quentar o corpo?” “Non, alcohol non teño. Hai augardente...” Total, que o espiron e comezaron a darlle fregas de augardente namentras non chegaba a ambulancia que chamaran. Cando chegou, non se quería subir... “Ti subes e vas ó Hospital, a ver se te amañan dunha vez a chaveta” Satisfeito, todo Soutelo mirou marchar á ambulancia co Adelino dentro, camiño de Ourense. E inda puideron escoitar as súas palabras de agradecemento mentres se alonxaba o vehículo: “¡IDE TOMAR TODOS POLO CÚ.....!